sábado, 11 de julio de 2015

Fuerteventura 2002

Atopámonos en Puerto del Rosario, capital da Illa de Fuerteventura, en data indeterminada do mes de Xullo do ano 2002. No Rías Baixas.

Eran os limiares da Asociación Sociocultural Alexandre Bóveda Fuerteventura, que habería de se formalizar no seguinte ano 2003.

A conversa transcorre entre grolos de viños da terra. O Rías, coma sempre, está ateigado. Falamos de como cohesionar a Comunidade Galega, qué non temos. No horizonte albíscase o Xacobeo 2004.

Ahí xorde a resposta rápida de Joaquín Gayoso, propón xestionar o encargo dun Cruceiro a colocar nalgún espazo público da capital. Acepto e póñome ao carro. .

Oriento cara á Escola de Canteiros de Poio e falo con Enrique Velasco, colaborador indispensábel.

A partires dese momento e coa implicación da Xunta de Galicia e do Concello de Puerto del Rosario,  capital da Illa Majorera, o Cruceiro que hoxe simboliza a Comunidade Galega chegará puntual a súa cita no 25 de Xulio do 2004.

Festa Xacobea. Perante 11 anos na rotonda de Risco Prieto e agora nun belo parque ao carón dos Armas.

Reseñábel que naquel lonxano 2004 uns raparigos, Patricia e Rodrigo, fillos do empresario Fernando López, na compaña de Manolo Piña ( ex membro fundador do grupo musical A Roda), Wes, Arturo e outros amenizaron coas gaitas a inauguración de aquel Cruceiro. Asimesmo unha Parranda Majorera puxo o sabor da Terra Canaria.

Tamén nos acompañaron unha ampla representación institucional e moitos compatriotas. Alá foron os anos.

O Sábado a cita é no Cruceiro e no Brisas do Mar,  con Tito, Gayoso, Mato, Fernando, Oubiña e tantos amigos.

Non vos esquezades de acompañar ao Apóstolo Santiago no seu procesionar , acto recuperado da Casa de Galicia de Fuerteventura, noutrora sabiamente dirixida por Antonio Queijeiro.

Ata sempre e moita ledicia . Parabéns e Saúde nestas datas festivas de verán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario