Corría o ano de 1972, era na cidade de Vigo. Aquel ano duas vagas principais no movemento obreiro farían tremer os alicerces do Vigo proletario. A primeira, arredor da factoría CITROËN e na Primavera. A segunda, tralos mortos de Ferrol, callou polo mes de Setembro e achegouse a movemento insurreccional da Cidade Total, bisbarras inclusas das duas orelas da ría. Estes acontecementos, que foron o ACONTECEMENTO da década dos setenta do pasado século, fixeron agromar unha cohorte de esquerdas rupturistas.
Rupturistas co reformismo hexemónico do carrillismo no movemento obreiro e co que se agardaba para a sucesión do franquismo sen Franco. Después de Franco Qué? , Carrillo dixit no epígrafe do tíduo dun libro de aquel tempo. Nos limiares e no ronsel das airadas folgas de 1972 agromaron vangardas varias do Movemento Obreiro, así tales que, senlleiramente ORGANIZACIÓN OBREIRA, en enfrontamento directo coas consignas claudicantes de París, emeeles varios, troskos, permeabilización da clase obreira á reivindicación nacional galega ( fronte obreira da UPG, SOG, GALICIA SOCIALISTA. ..). A esta altura de 2014, nun ciclo kármico e dialéctico voltamos falar de esquerdas rupturistas: procesos constituíntes, lecturas e praxes alleas ao bipartidismo, rexeneración democrática, República das ideas e dos fins .En resumo MEMORIA COLECTIVA da nosa historia para mudar de ciclo. Con estes obxectivos darémonos cita o 22 de Novembro, Sábado, no Sanatorio do Alba, acompañados de Fernando Martínez Randulfe e a súa compañeira Elvira Landín Aguirre, aos que lle rendiremos tributo de gratitude pola súa entrega a defensa dos traballadores, das libertades nacionais e de toda caste de dereitos agora e outrora preteridos. Con esta presencia queremos epitomizar ou facer síntese de amplas xeiras históricas de resistencia e anceios rupturistas. Nas esquerdas sempre. Vigo de salitre e metal, neste periplo das ribeiras de 1972 ata os areales de 2014. Saúde e lume.
lunes, 25 de agosto de 2014
Esquerdas rupturistas de Vigo 72.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarRendirlle homenaxe á historia viva deste país, provoca as ganas de referirse a alguén coma Elvira como "salvadora"
ResponderEliminarEla, cando en Ferrol non existía nin sequera en Galiza o concepto de "abogado laboral" para defender ós traballadores, achegouse dende a capital para tentar de defender a aqueles que o merecían; dende Madríd a Bazán directamente ós que o precisaban.