lunes, 16 de noviembre de 2015

Heteronomías

Se dice, se habla de las Autonomías, de su estado y del Estado compuesto o Autonómico, más bien descompuesto.

En la Constitución se mencionan nacionalidades y regiones, también se proclama la indisoluble unidad de la nación española, intangible, cuasi eterna esencia, anterior y superior a cualquier ordenamiento positivo, cierre y círculo mágico del cual no se puede escapar ni mediante conjuro.

En la misma Constitución se generaliza la Autonomía más allá de las llamadas nacionalidades históricas a espacios que ni por asomo habían jamás reclamado constituirse en territorios particulares dotados de Autogobierno frente a poder central alguno.

Algún ejemplo desquiciado del café para todos sería la Comunidad Autónoma de Madrid o algunas uniprovinciales.

En el extremo de lo grotesco, entes tan fabulosos devienen punta de lanza para frenar el desarrollo o el ejercicio de aquellas Comunidades Autónomas cuyas aspiraciones habían posibilitado que las reclamantes llegaran a serlo.

Es así como el actual modelo muestra consunción y para algunos se desnaturaliza y para otros cumple su virtual misión.

Ante todo esto, pienso que si quieren liquidar el actual diseño autonómico, la alternativa es otro Heteronómico, esto quiere decir basado en las diferencias, radicalmente asimétrico, sin pretensiones armonizadoras ni igualitarias, salvo en el reconocimiento a la diferencia de todos, pactista, consociativo y confederativo. Un tanto cantonalista.

Habría que hacer la relectura de Pi y Margall, claro que nada de esto como ecuación perfecta sino como inspiración.

Las otras opciones: un costoso mantenimiento del status quo o eventuales procesos constituyentes de incierto desenlace.

Heteronomías es, antes que nada,  cambiar de cultura política.

lunes, 2 de noviembre de 2015

Rufo Pérez

Hai catro anos que finou Rufo Pérez. Este 2015 é o ano do seu centenario. Morreu un 6 de Novembro a piques de cumprir os 96. Para nos, Rufo foi un home rexo, de compromiso insubornable. Dunha integridade que destaca sobranceiramente contra o pano de fondo dunha sociedade envilecida e ideoloxicamente dexenerada. Non foi un oportunista nin un tacticista. O seu senso de entender a política, afastado das modas e modos deste momento. Traballou arreo por Galicia en moi diversos momentos históricos pero sempre cun mesmo fío argumental e ético. Xa moi novo integrou o movemento dos Ultreia, participando na primeira xeira que organizara Álvaro das Casas. Posteriormente e sendo estudante en Madrid participará na campaña a prol do Estatuto de Autonomía de 1936. Así mesmo,  posuirá un pase de acceso ás Cortes Republicanas que lle fornecera Castelao, a quen tratara co resto dos deputados galeguistas elixidos na lexislatura da Frente Popular, truncada polas armas sediciosas. Movilizado na guerra polas tropas franquistas atopará acubillo nas forzas italianas que negaron a sua entrega aos falangistas ao abeiro dun tratado internacional entre o Estado Italiano e o Goberno de Burgos do Xeneral Franco. Sempre comentou que moitos dos integrados, incluídes oficiais, nas tropas enviadas por Mussolini eran represaliados antifascistas. Alí aproveitaron os seus coñecimentos de matemáticas para a arma de artillería, así como oficial de enlace coas autoridades das poboacións ocupadas. Ao remate da guerra foi castigado coa perigosa misión de desactivar e limpar de munición o levante español. Ao ser licenciado opta por non retornar inmediatamente a Galicia, procurando traballo en Ponferrada, onde coñece a Conchita, que sería a súa dona de por vida. A súa volta será represaliado con traballos forzados na construcción do aeroporto de Peinador. Xa de retorno a Galicia aparecerá no ano 1946 no claustro fundacional do Instituto Santa Irene de Vigo como profesor de matemáticas. Catro anos máis tarde, no 1950, estará no grupo fundacional da Editorial Galaxia. Xa nos sesenta participa no lanzamento da Unión do Povo Galego ( UPG). Neses anos cincuenta e sesenta destaca na docencia das matemáticas no Santa Irene, Escola de Comercio e Peritos Industriáis. Participa nas tertulias do Suevia cos intelectuáis galeguistas. Tamén impulsa a creación do Colexio Oficial de Doutores e Licenciados, sendo o seu primeiro Decano. Aló polo 1979 participa na candidatura de esquerda independentista Galicia Ceive para o Concello de Vigo. Tamén desempeñou tarefas de clandestinidade en relación coas movilizacións de Castrelo de Miño e as Folgas de Setembro de 1972 en Vigo.  Mantívose ata o final dos seus días fiel aos ideais da súa mocidade, lúcido e cultivando a amizade e aquela mestría de bo conversador e fino gume dunha intelixencia irónica e ao tempo cartesiana. Nun acto celebrado no Paraninfo do Instituto Santa Irene na súa lembranza por antigos compañeiros de claustro e alumnos que foran do seu maxisterio acordouse promover a solicitude dun espazo público consagrado a súa memoria. O Concello de Vigo, por unanimidade en Pleno, aprobóu que un tramo dun lineal a beira do río Lagares levase o nome de Matemático Rufo Pérez. Na inauguración deste contóu coa presencia do seu ex alumno e Alcalde da Cidade , Abel Caballero, quen fixo unha emotiva intervención; do seu compañeiro de Claustro, amigo, profesor destacado de Filosofía e Presidente da Asociación Álvaro das Casas, Avelino Muleiro, cuxa peza quedou publicada na Revista Grial, e do seu tamén amigo e vello alumno Salvador Veloso, quen utilizando o xenero epistolar gabou a figura do seu amigo e mestre. Nese paseo fluvial en San Tomé de Freixeiro, a poucos metros do berce natal de Castreliños, dos antergos de don Rufo, baixo o Pontillón, fica a memoria do matemático Rufo Pérez.